TES UNHA CITA COA ECONOMÍA SOCIAL

A cooperativa Entrepedras S. Coop. Galega. presentará a súa experiencia no II Foro de Economía Social Inspiradora

08/11/2017 Entrepedras é un bar/ restaurante, que naceu como un proxecto destinado a ofrecer en Compostela cociña vexetariana e vegana a prezos económicos, nun bo ambiente e no que todo o mundo se puidese sentir coma na propia casa. Lucía Eiras, unha das emprendedoras que forma parte da cooperativa Entrepedras exporá a súa visión sobre da economía social no sector da hostelería.

O  II Foro de Economía Social Inspiradora. Emprendemento Cooperativo celebrarase o 28 de novembro en horario de 9:30 a 14:00 horas no CERSIA Empresa

Co foro o Concello de Santiago busca por unha parte, coñecer e recoñecer o traballo de empresas cooperativas con valores sostibles, igualitarios e solidarios, polo que se dará  visibilidade ás entidades que aparecen no Catálogo de entidades de economía social en Santiago de Compostela, realizado no ano 2016; e por outra parte , insistir na necesidade de colaborar dende as complicidades persoais para deseñar proxectos de colaboración que derive na coopetición de redes de persoas, profesionais e empresas.



Compartir:
Economía Social compostela móvese emprender cooperativas participación hostelería Entrepedras