ESTRATEXIA NACIONAL DE ECONOMÍA SOCIAL 2017-2020

Apróbase a primeira Estratexia Nacional de Economía Social

08/01/2018 Coa Estratexia, dáse un novo impulso a un sector que representa un 12,5% do emprego e un 10% do PIB, e que é pioneiro na recuperación e o crecemento económico sustentable en España, baseándose nos principios de igualdade, solidariedade, compromiso co desenvolvemento local e respecto ao medioambiente.

O Consello de Ministros vén de aprobar a primeira Estratexia Nacional de Economía Social 2017-2020, que xira ao redor de 11 eixos e que pretende promover a economía social para que o sector lidere a innovación fronte aos cambios emerxentes.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
economía social eusumo planificación