INFORMACIÓN PARA ENTENDER AOS CLIENTES

O comercio suspende en xestión da información

07/02/2018 Dous terzos dos comercios non posúen os medios necesarios para entender o comportamento de compra dos clientes, segundo indica o estudo ‘EKN Tyco Immersive Retail Experience Survey’ realizado por Tyco Retail Solutions xunto a EKN. Un de cada dous comerciantes polo miúdo pensa que o uso dos datos almacenados nos seus sistemas pode axudarlles a mellorar a dispoñibilidade de inventario, mentres que o 40% pensa que estes datos poden axudarlles a deseñar promocións específicas.

Un coñecemento detallado da maneira na que o cliente interactúa coa tenda non só é vital para extrapolar esa información ás canles en liña, tamén poden axudar a mellorar as vendas físicas.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
comercio intelixencia información cliente comportamento compras