TRABALLO NO VERÁN

A campaña de verán xerará 1.500.000 empregos, segundo Adecco

27/06/2018 Adecco e a súa división Adecco Outsourcing consideran que durante a campaña deste verán crearanse 1.459.700 de postos de traballo, o que supón un incremento do 12% con respecto a 2017.

Adecco cre que os sectores do turismo e a hostalería seguirán sendo os maiores xeradores de emprego entre os meses de xuño e setembro. Así pois, non é de estrañar que durante o próximo verán os postos de traballo máis demandados vaian ser os cociñeiros e as cociñeiras, os axudantes e as axudantas de cociña, os camareiros e as camareiras, axentes de viaxes, camareiros e camareiras de piso, monitores e monitoras de tempo libre e socorristas.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
emprego turismo hostalería previsión