PERNOITAS TURÍSTICAS

Caen as estancias en apartamentos e manteñénse no turismo rural

07/09/2018 As pernoitas en aloxamentos extrahoteleiros baixaron un 4% en xullo respecto ao mesmo mes de 2017. Nos apartamentos turísticos caeron un 7,6%, cunha redución máis acusada no caso da demanda nacional e unha diminución da estancia media dun 3,8%. Neste tipo de establecementos, a ocupación do mes pasado foi dun 48,9%, un 8,5% menos que o exercicio anterior. 

Con todo, o balance foi diferente no turismo rural: as pernoitas alcanzaron os mesmos niveis do ano pasado, cun incremento da demanda internacional que freou a baixada da nacional.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
turismo rural pernoitas demanda internacional