A BURBULLA INMOBILIARIA AMEAZA Á HOSTELERÍA

Así desapareceron os camareiros e camareiras de San Francisco

13/07/2018 A explosión das "start- ups" de Silicon Valley fixo que o val e, sobre todo, San Francisco, convertéranse nunha das zonas máis demandadas do país e nunha das que ten a renda per cápita máis alta de EEUU. O resultado da ecuación é que cada vez é máis difícil que os traballadores e traballadoras menos cualificados poidan acceder a un aluguer. A iso hai que sumar o incremento dos custos salariais e xa o temos: os camareiros e camareiras co soldo da súa profesión non se poden permitir vivir nunha cidade que necesita a miles destas persoas.

Segundo os restauradores, a falta de dispoñibilidade de camareiros e camareiras é xa unha realidade e a situación é, como conta The New York Times, que «nesta cidade de asombrosa riqueza, podes comer como un gourmand, con cristalería auténtica e pratos de cerámica. Pero primeiro terás que ir buscar o teu mesmo os teus propios cubertos de prata».

Ligazóns relacionadas



Compartir:
xentrificación burbulla inmobiliaria hostelería