USOS DA MADEIRA EN LUGAR DO PLÁSTICO

Produtos sostibles de orixe forestal

31/12/2018 A madeira pode ser unha excelente materia prima para reducir o consumo de plásticos. Gran parte dos obxectos que utilizamos na nosa vida cotiá son, agora, de plástico, que conseguiu substituír con éxito a outros materiais máis tradicionais. Podemos utilizar bolsas de papel como substituto das bolsas de plástico; podemos empregar utensilios de cociña de madeira; tamén cepillos de dentes de bambú; os xoguetes de madeira están a converterse en tendencia e ata a construción incrementou o uso da madeira como material básico de construción.

A madeira é renovable, sustentable, utilizable e reciclable e é un elemento importante para manter a saúde dos bosques e os ecosistemas naturais. Debemos valorar a súa achega en toda a súa dimensión e xestionar os bosques e as masas forestais de maneira responsable e sustentable.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
madeira cociña sostibilidade sustentabilidade forestal xestión.