23,5 M€ ao Plan de dixitalización do comercio e as pemes

18/05/2020 A Xunta activa o Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio galego, dotado con 23,5 millóns de euros.

Co plan prevése mobilizar arredor de 40 millóns de euros, co obxectivo de facilitar a súa reactivación e que poidan incrementar a súa competitividade, adaptándose ao novo contexto económico derivado do Covid-19.

A Xunta tamén conta cun programa para impulsar a innovación e a dixitalización do comercio de proximidade galego, incorporando a posibilidade de que os beneficiarios cobren anticipos. A través deste programa, dotado con preto de 4M€, comerciantes e artesáns poderán obter apoios para mellorar e incrementar os servizos que se prestan aos consumidores a través de diferentes canles, con axudas para páxinas web comerciais, ferramentas de márketing 4.0, mellora da imaxe dixital, xestión de redes sociais e implantación de ferramentas de xestión. 

Ligazóns relacionadas



Compartir:
IGAPE dixitalización comercio prevención competitividade