5 M€ a facilitar ás pemes a fabricación de produtos que axuden a previr e combater o Covid-19

18/05/2020 O novo programa, con apoios de ata 800.000 euros, promoverá a produción en Galicia de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico e equipos hospitalarios e médicos. Súmase á convocatoria aberta por 2,5M€ para impulsar a reorganización produtiva de pequenas e medianas empresas para facer fronte á emerxencia sanitaria, unha liña de apoios da que xa se concederon axudas para os primeiros 14 proxectos.

Os apoios previstos poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa. Os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas que fabricarán os seguintes materiais: medicamentos -incluídas as vacinas- e tratamentos contra o Covid-19, produtos intermedios, ingredientes farmacéuticos activos e materias primas necesarias para a súa elaboración; produtos sanitarios, equipos hospitalarios e médicos -incluídos respiradores, roupa e equipos de protección e ferramentas de diagnóstico-, e as materias primas necesarias; desinfectantes; e ferramentas de recollida e/ou tratamento de datos.

O novo programa actívase logo de que a Xunta realizase unha consulta previa ao tecido produtivo precisamente para coñecer a dispoñibilidade das pemes galegas a acometer a fabricación de produtos que sirvan para previr e combater o Covid-19.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
IGAPE prevención fabricación