ESPIRITO EMPRENDEDOR

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca novas actividades para fomentar o espírito emprendedor

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convoca novas actividades para fomentar o espírito emprendedor
27/04/2018

A Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, entidade integrante da Rede Eusumo, convoca a actividade formativa "Dinamización e fomento do espíritu emprendedor cooperativo no eido educativo", a través da que se pretende fomentar o espírito emprendedor.

Economía Social eusumo cooperación emprendimento

Ler máis

OBRADOIRO SOBRE COOPERATIVISMO

Estudantes de Santiago asisten a un obradoiro sobre cooperativismo en Dairylac

Estudantes de Santiago asisten a un obradoiro sobre cooperativismo en Dairylac
20/04/2018

Técnicos da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) impartiron esta mañá nas instalación de Dairylac (Melide) un obradoiro de divulgación da economía social como opción de futuro profesional rendible e estable. Particiou unha trintena de estudantes de primeiro de Bacharelato do instituto compostelán Pontepedriña.
Entre as vantaxes do modelo cooperativo destacáronse a toma democrática de decisións, o reparto equitativo de beneficios e a diminución dos riscos de emprendemento.

Economía Social marketing eusumo lácteo cooperativa queixo

Ler máis

BOAS PRÁCTICAS PARA COOPERATIVAS

Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas

Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas
23/01/2018

O Código de boas prácticas nas sociedades cooperativas galegas, elaborado polo Centro de Estudos Cooperativos co apoio da Xunta de Galicia, e que foi aprobado polo Consello Galego de Cooperativas, é un instrumento co que se pretende dar resposta a estas novas necesidades, a través da enunciación dunha serie de principios e regras que pretenden ser aplicables tanto no ámbito das relacións internas das sociedades cooperativas como nas súas relacións con terceiros. Así, este código ten por obxectivo principal a procura dun comportamento transparente, honesto e responsable da cooperativa e os seus membros no seu ámbito de actuación, a busca dun impacto positivo daquela dentro da comunidade e a demanda de reflectir unha imaxe de confianza e mellora da súa reputación, propiciando deste xeito unha vantaxe competitiva e a mellora dos seus resultados.

Economía Social cooperativas eusumo boas prácticas información transparencia

Ler máis
Compartir: