MOBILIDADE URBANA

Mobilidade compartida: é hora de que as cidades tomen a iniciativa

Mobilidade compartida: é hora de que as cidades tomen a iniciativa
28/09/2018

Pode parecer que a innovación en materia de mobilidade procede de compañías tecnolóxicas e non das cidades. Pero as aparencias enganan. Son as cidades, entendendo como tales a concellos e cidadáns, quen dará forma ao tráfico do futuro. Deberían buscarse mutuamente para inspirarse, en lugar de fixarse en Uber e Tesla. Porque o verdadeiro desafío non reside tanto nos vehículos como no espazo: a clave non son os automóbiles, senón as estradas.

mobilidade urbana urbanismo enerxía bicicleta vehículos transporte

Ler máis

DISTRIBUCIÓN URBANA

A distribución urbana transformará o modelo de consumo e a planificación urbanística

A distribución urbana transformará o modelo de consumo e a planificación urbanística
12/03/2018

Nun escenario marcado polo auxe do comercio electrónico e dun cambio radical nos patróns de consumo, a planificación urbana terá que ter máis en conta o impacto que a distribución urbana de mercadorías e os fluxos de mobilidade teñen sobre a contorna urbana, as condicións de vida dos cidadáns e a calidade do aire nas cidades. 

mobilidade mercadorías consumo comercio electrónico distribución urbanismo

Ler máis

OS GUÍAS TURÍSTICOS TAMÉN SE DIXITALIZAN

As novas esixencias do turista impoñen cambios no labor dos guías

As novas esixencias do turista impoñen cambios no labor dos guías
06/03/2018

Os novos turistas, cada vez con maior experiencia en viaxes e con gran dominio das novas tecnoloxías, están a impulsar grandes cambios no sector, circunstancia á que tampouco escapan os guías turísticos, que están a adaptar a súa forma de traballar ás novas esixencias. A información inmediata a través dos móbiles, a gran variedade de dietas e hábitos alimentarios ou a posibilidade de facer miles de fotografías ata conseguir a imaxe perfecta son algúns dos requisitos aos que estes profesionais teñen que adaptar o seu labor. Enfróntanse a desafíos descoñecidos hai apenas 10 anos. Así o explicaron nunha consulta realizada polo portal Winetourismspain. com, especializado en circuítos de gastronomía e viño para estranxeiros.

mobilidade turismo información guías enoloxía enoturismo

Ler máis

COMPRA PÚBLICA INNOVADORA

O Concello de Santiago, pioneiro na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora

O Concello de Santiago, pioneiro na captación de fondos europeos destinados ao fomento da compra pública innovadora
04/12/2017

O Concello de Santiago vai ser o primeiro do Estado en asinar un convenio co Ministerio de Economía para a captación de fondos europeos FEDER destinados ao fomento da compra pública innovadora, no período 2014-2020. A firma deste acordo, que foi aprobada por unanimidade polo Pleno da Corporación municipal, permitirá desenvolver o proxecto Smartiago, no que o Goberno local leva traballando dende comezos do mandato.

sustentabilidade mobilidade concello alumeado patrimonio

Ler máis
Compartir: