VALOR EMPRESARIAL DO DESEÑO

O valor empresarial do deseño

O valor empresarial do deseño
26/10/2018

Un estudo realizado por Mckinsey documentou unha forte correlación entre altas puntuacións no MDI (Mckinsey Design Index, que mide o uso nas empresas do deseño) e un rendemento empresarial superior. As empresas situadas no primeiro cuartil de puntuación do MDI aumentaron os seus ingresos e a rendibilidade total para os accionistas (TRS) substancialmente máis rápido que os seus homólogos sectoriais durante un período de cinco anos: 32 puntos porcentuais máis de crecemento de ingresos e 56 puntos porcentuais máis de crecemento da rendibilidade TRS no período en xeral.

deseño rendibilidade valor empresarial crecemento compras consumo

Ler máis

COMPRAS CON CARTÓN

O uso do cartón para as compras subiu un 12,6% o ano pasado

O uso do cartón para as compras subiu un 12,6% o ano pasado
03/04/2018

A recuperación económica percíbese no consumo e no uso cada vez máis habitual do diñeiro de plástico. En 2017 realizáronse 3.429 millóns de operacións con cartóns nos comercios, un 12,6% máis que o ano anterior. En total moveron 135.246 millóns de euros, un 8,7% máis que en 2016. A pesar da guerra de comisións polo uso dos caixeiros, lanzada pola gran banca, utilizáronse 933 millóns de veces (+1,02%) e sacáronse 122.473 millóns de euros, un 3,5% máis.

consumo comercio tendencias compras cartón

Ler máis

INFORMACIÓN PARA ENTENDER AOS CLIENTES

O comercio suspende en xestión da información

O comercio suspende en xestión da información
07/02/2018

Dous terzos dos comercios non posúen os medios necesarios para entender o comportamento de compra dos clientes, segundo indica o estudo ‘EKN Tyco Immersive Retail Experience Survey’ realizado por Tyco Retail Solutions xunto a EKN. Un de cada dous comerciantes polo miúdo pensa que o uso dos datos almacenados nos seus sistemas pode axudarlles a mellorar a dispoñibilidade de inventario, mentres que o 40% pensa que estes datos poden axudarlles a deseñar promocións específicas.

comercio intelixencia información cliente comportamento compras

Ler máis
Compartir: