MEDRANDO XUNTAS

Recordatorio inscripción aberta para a segunda edición do programa formativo Medrando Xuntas

Recordatorio inscripción aberta para a segunda edición do programa formativo Medrando Xuntas
02/07/2018

Segunda edición do programa formativo gratuíto Medrando Xuntas, iniciativa enmarcada dentro do programa Emprega en feminino, que promociona o talento feminino nas entidades de economía social continúa aberta. Medrando Xuntas está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social, ben sexan socias e/ou traballadoras, responsables de dirección e/ou de goberno.

Economía Social medrando xuntas

Ler máis

APROVEITAMENTO FORESTAL

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada

Galicia lidera o ranking mundial de lugares con máis superficie forestal desaproveitada
04/05/2018

Estímase que a superficie desaproveitada oscila sobre o 30 %. Esta porcentaxe é máis do dobre que o estimado en países como Finlandia ou Austria, e tamén moi superior ao de Suecia ou Estados Unidos. Unha das explicacións a tales datos baséase na propiedade da superficie forestal: Galicia contabiliza 680.000 propietarios forestais. Trátase de donos de pequenas porcións que, de forma illada, teñen escaso valor e non resulta rendible a súa explotación.

forestal madeira monte selvicultura tala propiedade aproveitamento

Ler máis

COMPOSTELA MÓVESE REDEL

Santiago comparte no Congreso REDEL as experiencias locais en economía circular

Santiago comparte no Congreso REDEL as experiencias locais en economía circular
17/11/2017

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou No Congreso "Retos e desafíos do desenvolvemento local" (REDEL) sobre a aplicación de novos modelos económicos ao eido local. O Congreso está dirixido a todas as entidades e profesionais que traballan por e para o desenvolvemento local, dende o ámbito público e privado, co obxectivo de analizar tendencias e compartir coñecemento e experiencias que se están a realizar nos municipios e comarcas participantes.

Economía Social emprender desenvolvemento local redes cidades economía circular

Ler máis

COMPOSTELA MÓVESE

O edificio municipal Cersia abre as súas instalacións ao tecido económico e empresarial de Santiago

O edificio municipal Cersia abre as súas instalacións ao tecido económico e empresarial de Santiago
19/05/2017

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago aprobou, a proposta das concelleiras de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, as normas de uso dos Espazos do Cersia Empresa de xeito gratuíto, así como a instancia modelo de solicitude dos mesmos.

Economía Social compostela móvese eventos empresas formación

Ler máis
Compartir: