CULTURA DIXITAL

Non hai transformación dixital sen crear unha cultura dixital

Non hai transformación dixital sen crear unha cultura dixital
09/08/2018

Unha cultura dixital tipicamente ten cinco elementos que a definen: 1) Promove unha orientación externa, en lugar de interna. Unha cultura dixital alenta ás persoas empregadas para mirar cara a fóra e comprometerse cos clientes, coas clientas, cos socios e coas socias, para crear novas solucións. Un bo exemplo de orientación externa é o enfoque no percorrido do cliente ou da clienta; as persoas empregadas dan forma ao desenvolvemento do produto e melloran a experiencia do cliente ou da clienta poñéndose no seu lugar. 2) Premia a delegación polo control. Unha cultura dixital difunde a toma de decisións no profundo da organización. En lugar de recibir instrucións explícitas sobre como realizar o seu traballo, as empregados seguen os principios reitores para que se poida confiar no seu xuízo. 3) Alenta a ousadía sobre a precaución. Nunha cultura dixital, aléntase ás persoas para asumir riscos, fallar rapidamente e aprender, e se lles desalienta a preservar o "status quo" por hábito ou precaución. 4) Salienta máis acción e menos planificación. No cambiante mundo dixital, a planificación e a toma de decisións deben pasar de ter un enfoque a longo prazo a un de curto prazo. Unha cultura dixital apoia a necesidade de velocidade e promove a iteración continua en lugar de perfeccionar un produto ou idea antes de lanzalo. 5) Valora a colaboración máis que o esforzo individual. O éxito nunha cultura dixital lógrase a través do traballo colectivo e o intercambio de información entre divisións, unidades e funcións. O ritmo iterativo e rápido do traballo dixital require un nivel moito maior de transparencia e interacción que o que se atopa na organización tradicional.

cultura dixital estratexia persoas organización

Ler máis

As empresas non están a facelo ben na súa transformación dixital

As empresas non están a facelo ben na súa transformación dixital
31/07/2018

Unha investigación de CapGemini de 2018 revela que a dimensión das persoas é unha barreira importante para o progreso da transformación dixital. As personas que lideran as organizacións non conseguen que os empregados e as empregadas colaboren, nin involucrándoos activamente para lograr os seus obxectivos de transformación dixital, nin para investir no seu desenvolvemento persoal.

transformación dixital persoas exploración colaboración

Ler máis

ESCASEZ DE TALENTO

A sangría de non contar co talento adecuado

A sangría de non contar co talento adecuado
24/07/2018

Segundo a enquisa European Private Business Survey, elaborada por PwC, o 60,8% das empresas medianas europeas enquisadas asegura que lles é difícil atopar aos profesionais coas capacidades que necesitan, especialmente nos sectores de construción e inmobiliario, industrial, enerxía e servizos.

talento escasez persoas

Ler máis

RESTAURANTES FELICES

CLAVES DA COMPETITIVIDADE NA RESTAURACIÓN

CLAVES DA COMPETITIVIDADE NA RESTAURACIÓN
04/06/2018

Sabías que en España o 75% das empresas de hostalería que inician a súa actividade non chegan ao primeiro ano de vida? E que o 90% non cumpren o quinto ano empresarial? Desde o Instituto Nacional de Estatística sinálase que unha das principais causas deste alto índice de fracaso radica nunha xestión pouco profesionalizada. Dar o salto en hostalería sen ter un bo plan de negocio, a falta de previsión e estudos de mercado adecuados, así como a falta de experiencia profesional de novos empresarios e novas empresarias hostaleiros, son algunhas das causas da problemática do sector hostaleiro.

conciliación restaurantes felicidade satisfacción equipo persoas

Ler máis
Compartir: