REDE DE EMPRESAS SOLIDARIAS

Asier Epelde de Reas Galicia exporá o obxectivo da súa organizaciòn no II Foro de Economía Social Inspiradora

Asier Epelde de Reas Galicia exporá o obxectivo da súa organizaciòn no II Foro de Economía Social Inspiradora
15/11/2017

A Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria fundouse no ano 1995, a raíz da transformación de ABSE (Asociación estatal para a banca social e ecolóxica), organismo no que estaba integrado ABSE Galicia. No ano 2000 REAS pasou a ser unha rede a nivel estatal, formando ao mesmo tempo parte da mesma: REAS Galicia. Actualmente REAS Galicia está formada por entidades pertencentes aos sectores de produción e transformación ecolóxica, comercialización de produto ecolóxico e comercio xusto, tecnoloxías da información e comunicación, deseño gráfico, bioconstrución, inserción sociolaboral, difusión, animación e produción cultural e educativa, así como artesanía e apoio ao cooperativismo. REAS Galicia ten como obxectivos impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos (produción, comercialización, construción, servizos,...). Apoia, así mesmo, o desenvolvemento de recursos financeiros éticos e solidarios. Pretende difundir e dar a coñecer a Economía Solidaria na sociedade galega, e aumentar, na nosa comunidade, o tecido empresarial con características éticas e solidarias.

Economía Social solidaridade financiamento comercio xusto comercio ecolóxico bioconstrución

Ler máis
Compartir: