Axudas
Resolución das axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural
Hoxe, día 22 de decembro, publícase a resolución da Alcaldía pola que se require a subsanacións de deficiencias e achega de documentación das solicitudes presentadas nas convocatorias de axudas para o rescate da hostelería e restauración, comercio e sector cultural afectado pola covid-19, anualidade 2020. O prazo remata o día 30 de decembro
Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago
O Concello aproba a convocatoria de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural

En Xunta de Goberno local extraordinaria, o Concello de Santiago vén de aprobar as bases que rexen as convocatorias das axudas aos sectores máis afectados polas medidas postas en marcha para conter a pandemia (o comercio, a hostalería e o sector da cultura), dentro do segundo plan de reactivación económica Compostela 2020
COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos comercio hostelería OCIO NOCTURANO RESTAURACIÓN industrias culturais
Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago
Aprobadas as bases do concurso de escaparates de Nadal 2020

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou as as bases do "Concurso de escaparates de Nadal 2020" que convoca o Departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, así como os gasto dos premios que ascenden a 11.000 euros. Establécense dous tipos de premios, os do xurado e os do público.
COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados comercio
Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago
Os comerciantes terán ata o día 15 de decembro para solicitar as axudas destinadas a financiar o gasto corrente

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza coas asociacións de comerciantes Compostela Monumental, Fundación Santiago Centro, Em-Rede e Comercio Punto Compostela co obxectivo de "preparar a convocatoria da primeira axuda de 600.000 euros" destinada a financiar o gasto corrente dos negocios que se acollan a ela.
COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados Economía Social comercio
Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago
O Mercado de Nadal de Carreira do Conde abrirá o vindeiro venres 4 de decembro ás 17:00 horas

Permanecerá aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 horas; estará pechado os días 24 e 25 de decembro e 1 de xaneiro; e só abrirá pola mañá o día 31 de decembro. Como novidade, nas últimas dúas quendas este ano o Mercado esténdese tamén a Área Central, polo que a opción será dobre entre os días 26 de decembro e 5 de xaneiro.