INNOVACIÓN URBANA

As promesas da innovación urbana

As promesas da innovación urbana
14/02/2018

Implementando varias tecnoloxías: vehículos autónomos, construción de edificios modulares ou novos sistemas de infraestrutura, pódese, por exemplo, reducir o custo de vivir nun 15 por cento. Con novos servizos de mobilidade e o desenvolvemento radical do uso mixto de vehículos que aproximan o lugar de traballo aos fogares, pódese devolver á xente unha hora ao día. Con novos materiais e tecnoloxía de mitigación do clima, pódese mellorar a usabilidade do espazo ao aire libre en climas fríos. Con estruturas loft adaptables e claves de acceso baseadas no uso, pódese facer que os edificios sexan moito máis flexibles.

Economía Social economía social innovación plataforma infraestructuras urbana

Ler máis

TENDA ONLINE PARA A ECONOMÍA SOCIAL

Ana Lorenzo presentará no I Foro de Economía Social Inspiradora Ben Mercado, a tenda da economía social galega

Ana Lorenzo presentará no I Foro de Economía Social Inspiradora Ben Mercado, a tenda da economía social galega
17/11/2017

A tenda online da economía galega é unha plataforma común de venda en liña, na que entidades de economía social ofrecen os seus produtos e servizos ao público. En palabras dos seus fundadores “o que viría sendo como o Amazon da economía social galega”. Unha plataforma que sirve para facilitar o acceso das entidades de economía social ao comercio electrónico, resolvendo de forma conxunta e profesionalizada os aspectos técnicos e de publicidade e marketing, necesarios para vender. O mantemento e xestión son levados a cabo por un equipo profesional especializado: técnico informático, de comunicación e marketing, e de loxística para os envíos. Este equipo confórmano cooperativistas do proxecto O Tendal, Luz para as túas ideas, no que están implicadas cinco cooperativas galegas: Cidadanía S. Coop Galega, Marketing Tangible S. Coop Galega, O Cable Inglés S. Coop Galega, Ítaca Software Libre S. Coop Galega e Xedega S. Coop Galega.

Economía Social comercio electrónico plataforma

Ler máis
Compartir: