TURISMO

O concelleiro de Turismo presenta o Plan de Sostibilidade Turística 2021-2023 que contempla actuacións por valor de 4 millóns de euros en Santiago

O concelleiro de Turismo presenta o Plan de Sostibilidade Turística 2021-2023 que contempla actuacións por valor de 4 millóns de euros en Santiago
10/09/2020

O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou o "Plan de Sostibilidade Turística en destinos 2021-2023", que concurrirá á convocatoria da Secretaría de Estado de Turismo, e que hoxe se vai remitir á Xunta de Galicia para a súa avaliación. Guinarte sinalou que este plan, dividido en cinco eixos de actuación, e que prevé actuacións por importe de 4 millóns de euros, "é unha magnífica oportunidade para Santiago de Compostela e para Galicia".

COVID-19 RESTAURACIÓN hostelería turismo emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Ler máis

Plan de Reactivación da actividade turística

O Concello destina ata 400.000 euros á innovación do sector hostaleiro co obxectivo de facilitar a súa recuperación económica

O Concello destina ata 400.000 euros á innovación do sector hostaleiro co obxectivo de facilitar a súa recuperación económica
09/06/2020

  • O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou este martes as bases da Convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá, integradas no Plan de Reactivación do Sector Turístico, que conta con tres eixes estratéxicos: avaliación da actual situación, accións dirixidas a captación de turismo, e axudas ao sector como as desta convocatoria, á que o Concello de Santiago destina 100.000 euros, ampliables noutros 300.000 en función da demanda.
  • Segundo explicou Sindo Guinarte, a principal finalidade destas subvencións é fomentar a innovación na restauración e hospedaxe de Santiago, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e facilitar a adaptación ao novo contexto económico derivado da COVID-19.

COVID-19 RESTAURACIÓN hostelería turismo emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Ler máis
Compartir: