Convocatoria de Axudas Compostela Móvese 2020 COVID19

Publicación de listaxes provisionais de persoas beneficiarias Convocatoria de Axudas a Empresas para a reactivación Económica Compostela Móvese 2020 COVID19

23/06/2020

Dando cumplimento ao establecido no punto 9º das bases reguladoras  da CONVOCATORIA DE AXUDAS A EMPRESAS PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA COMPOSTELA MÓVESE 2020 COVID19. PARA AUTÓNOMOS/AS E MICROPEMES DE MENOS DE ONCE TRABALLADORES/AS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ANUALIDADE 2020

Publícase en documento anexo para descarga,  para xeral coñecemento unha vez recibidas e analizadas as solicitudes presentadas as seguintes listaxes:

Listaxe A). Listaxe de persoas propostas como beneficiarias

As empresas incluídas nesta “Listaxe A). Listaxe de persoas propostas como beneficiarias” deberán presentar, no prazo de dez días hábiles e polos mesmos medios indicados na base 6ª, os documentos en formato orixinal ou copia compulsada que se indican a seguir xunto co modelo do anexo III. De non o facer, entenderase que desisten do seu pedimento e ditarase unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

  • Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras.
  • Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso.
  • Escritura/contrato de constitución das entidades sen personalidade xurídica propia.
  • Alta no IAE ou, se é o caso, declaración de alta no censo de obrigados tributarios.
  • NIF/CIF da persoa física ou xurídica,ou entidade sen personalidade xurídica propia. Se se trata dunha persoa xurídica, ou sociedade civil, comunidade de bens, ou entidades sen personalidade xurídica propia,  achegarase tamén o documento de identidade da persoa que posúe a representación da sociedade e o documento que acredite esta representación.
  • Documentación acreditativa do número de persoas empregadas na empresa (RNT e RLC) do mes de febreiro de este ano, e do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social de que non existen persoas empregadas.
  • No caso de autónomos que houberan solicitado a prestación por cese de actividade por estar obrigadas a pechar, ou como consecuencia da redución da súa facturación nun 75%, deberán presentar a comunicación de concesión ou, no seu defecto, a solicitude de prestación.
  • No caso de microempresas que houberan presentado un Expediente de Regulación Temporal de Emprego, a correspondente documentación/solicitude.
  • Contrato/s de préstamo e/ou póliza/s de crédito.

As persoas incluídas na listaxe de posibles beneficiarias cuxas solicitudes presenten defectos deberán emendar o que se indique dentro dos mesmos dez días de prazo para presentar a documentación anterior, que, así mesmo, deben achegar. De non o facer, entenderase desisten do seu pedimento e ditarase unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Ao publicarse esta listaxe con data 23 de xuño de  2020, e  sendo festivo local o día 24 de xuño de 2020, o prazo de dez días hábiles iniciarase o día 25 de xuño de 2020 e rematará o día 8 de xullo de 2020.

 

Listaxe C). Listaxe de solicitudes rexeitadas por non cumpriren os requisitos da convocatoria para os efectos de que, se así o consideran, poidan formular alegacións no prazo de dez días hábiles.

Ao publicarse esta listaxe con data 23 de xuño de  2020, e  sendo festivo local o día 24 de xuño de 2020, o prazo de dez días hábiles iniciarase o día 25 de xuño de 2020 e rematará o día 8 de xullo de 2020.

Non se publica listaxe B ao existir crédito suficiente para a resolución en positivo de todas as solicitudes presentadas.

Compartir: