Curso de Creación de Páxinas Web con Wordpress

03/09/2018

Esta acción formativa, organizada coa colaboración de Compostela Literaria, está dirixida preferentemente a responsables de pequenas empresas e persoas emprendedoras que precisen formación para aprender a crear páxinas web con WordPress (un sistema de xestión de contidos ou CMS - polas súas siglas en inglés, Contentent Management Sysitem - ) enfocado á creación de calquera tipo de sitio.

Ademáis das sesións presenciais teóricas, cada persoa participantes terá dereito a unha titoría personalizada dunha hora de duración.

As persoas participantes poderán elaborar e deseñar a súa propia web en Wordpress ao longo do curso contarán coa supervisión posterior e revisión ( con feedback posterior e consellos) por parte do equipo docente.

  *Será un taller teórico- práctico impartido por Pekecha.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 15 prazas para participar nesta acción formativa. 

 

 

PROGRAMA:

 

Sesión 1: 24 de setembro

 Introducción a hosting e dominio. Contratación dos mesmos.

  1. Introducción a WordPress (principais características) e instalación (manual - a través de FTP - e con autoinstalables) no hosting.
  2. Wordpress.com (a versión gratuita de WordPress).

 

Sesión 2: 1 de outubro

  1.  Selección de Themes de WordPress e instalación dos mesmos (en hosting).
  2. Deseño e tendencias estéticas.
  3. Creación de estructura en WordPress.
  4. Os principais plugins e cuestións esenciais para maquetar páxinas.

 

Sesión 3: 15 de outubro

  1.  Creación de web en WordPress. En base ao analizado nas dúas primeiras sesións.
  2. Usabilidade, funcionalidade e sociabilidade.

 

Sesión 4: 22 de outubro

  1.  SEO on page. Cuestións básicas para traballar o posicionamento web.
  2. Traballaremos o SEO da web creada na sesión 3.
  3. Instalación de Google Analytics e principais métricas. Aprender a medir o que pasa coa nosa páxina.
  4. Venda online : ferramentas, métodos de pagos e exemplos prácticos reais
Dirixido a:

   

Esta acción formativa está dirixida preferentemente a responsables de pequenas empresas con sede no Concello de Santiago e persoas emprendedoras usuarias do Servizo de Apoio á empresa do Concello de Santiago de Compostela que precisen formación para aprender a crear páxinas web con WordPress (un sistema de xestión de contidos ou CMS - polas súas siglas en inglés, Contentent Management Sysitem - ) enfocado á creación de calquera tipo de sitio.

 

As prazas asignaranse por orde de inscrición dentro dos colectivos preferentes. No caso de existir prazas dispoñibles non cubertas por estes colectivos poderán participar persoas desempregadas e estudantado, tamén respetándose a orde de inscrición dentro deste colectivos.


Requisitos:

A inscrición realizarase mediante o envío de correo electrónico a dirección aromeroa@santiagodecompostela.gal dos seguintes datos persoais:

  • Nome e apelidos
  • Colectivo ao que pertence: persoa empendedora, persoa en activo (indicando empresa na que traballa), persoa desempregada ou estudante.
  • Teléfono de contacto
  • Dirección

Pregamos indicar no asunto do correo electrónico "Curso Wordpress"


Custe:

Actividade sen custo.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
WordePress; SEO; Google Analytics; Emprendemento; Mellora empresarial