XUNTA DE GALICIA - XESGALICIA

Financiamento para producir material de protección fronte ao coronavirus

28/03/2020

Esta liña ten como obxectivo financiar as necesidades de adaptación e transformación que empresas galegas dedicadas a outras actividades, pero con capacidade de produción destes EPIs, poidan ter para reorientar a súa produción.

Xesgalicia acaba de poñer en marcha unha liña de financiamento de 10 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual (EPIs) e materiais para respiradores.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA DE GALICIA - XESGALICIA