Administración tributaria do Estado

Aprazamento de débedas tributarias

28/03/2020

Para evitar posibles tensións de tesourería de autónomos e pequenas e medianas empresas, flexibilízanse os aprazamentos do pago de impostos durante un período de seis meses, previa solicitude.

Concederase o aprazamento do ingreso da débeda tributaria correspondente a todas aquelas declaracións-liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación e ingreso finalice desde a data de entrada en vigor do presente real decreto-lei e ata o día 30 de maio de 2020, ambos inclusive, sempre que as solicitudes presentadas ata esa data reúnan os requisitos sobre as garantías para o aprazamento e fraccionamento do pago da débeda tributaria establecidas no artigo 82 da Lei Xeral Tributaria.

Será requisito necesario para a concesión do aprazamento que o debedor sexa persoa ou entidade con volume de operacións non superior a 6.010.121,04 euros no ano 2019.

As condicións do aprazamento serán as seguintes:

  1. O prazo será de seis meses.
  2. Non se devindicarán intereses de demora durante os primeiros tres meses do aprazamento.

O aprazamento será aplicable tamén a débedas tributarias anteriormente non permitidas:

  • As correspondentes a obrigas tributarias que deban cumprir o retenedor ou o obrigado a realizar ingresos a conta (i.e. retencións e ingreso a conta do IRPF sobre rendementos de traballo ou de profesionais)
  • As derivadas de tributos que deban ser legalmente repercutidos (i.e. IVE)
  • As correspondentes a obrigas tributarias que deba cumprir o obrigado a realizar pagos fraccionados do Imposto sobre Sociedades.

En ningún caso o aprazamento afecta á presentación de declaracións e autoliquidacións.

Prazo:

Declaracións-liquidacións e autoliquidacións cuxo prazo de presentación e ingreso finalice desde a data de entrada en vigor do presente real decreto-lei e ata o día 30 de maio de 2020, ambos inclusive.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
Administración tributaria do Estado