AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Anulación de diferentes convocatorias relacionadas co turismo

19/05/2020

As restricións á libre circulación de persoas acordadas polas autoridades están a afectar a todos os sectores da nosa economía, pero especialmente produciuse un forte impacto no sector turístico, que se viu obrigado ao peche dos seus negocios pola Orde SND/257/2020.

Por outra banda, e aínda contando co levantamento do estado de alarma, a incerteza que xera o COVID-19 fai pensar nunha menor demanda de servizos turísticos, unha limitación ás concentracións de público e nunha forte baixada do turismo, especialmente o internacional. Unha nova etapa que supón un cambio de modelo e que nos vai exixir situar a Galicia como un destino seguro.

Polo exposto, resolvese deixar sen efecto por causas sobrevidas as seguintes convocatorias:

  • Resolución do 2 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU900A) (DOG do 11 de febreiro).
  • Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión ás festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU500A) (DOG do 16 de decembro).
  • Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural e se anuncia a convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501B) (DOG do 19 de novembro).
  • Resolución do 12 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante o ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento TU981B) (DOG do 23 de decembro).
  • Resolución do 28 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a xeodestinos de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de dinamización turística, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501C) (DOG do 19 de decembro).
  • Resolución conxunta do 18 de decembro de 2019, da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2020 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebran desde o 1 de xuño ao 30 de setembro de 2020, considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 2021 (código de procedemento CT302A) (DOG do 8 de xaneiro de 2020).

A anulación comporta a terminación dos procedementos iniciados tras a aprobación das convocatorias citadas.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
AXENCIA TURISMO DE GALICIA