IGAPE

Modificación das axudas aos proxectos de reorganización produtiva para a fabricación de equipamento sanitario

19/05/2020

Modificase a Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se publica o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Os artigos 4.4, 5.1, 6.2, 6.3 e 6.4, 7, 11.3, 16.5.e) e 18.4 da Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se publica o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, quedan redactados do seguinte xeito:

«Artigo 4: 4. Non poderán ter a condición de beneficiarias as empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007 ou que incumpran as obrigas do artigo 11 da citada lei e as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas consecuencia dunha decisión da Comisión Europea».

«Artigo 5.1: – Asistencias técnicas para a identificación e control das especificacións técnicas e/ou certificación de produto necesarias para que o anterior equipamento sanitario poida ser utilizado inmediatamente despois da súa produción».

«Artigo 6:

2. Os proxectos terán que propor unha obtención cuantificada dos equipamentos sanitarios para producir antes do remate do prazo de execución o 30 de outubro de 2020.

3. Os produtos que estean suxeitos á certificación previa á súa utilización deberán obtela ou, cando menos, xustificar a presentación da solicitude de certificación antes do remate do prazo de execución o 30 de outubro de 2020.

4. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde a entrada en vigor do Real decreto 463/2020 polo que se declara o estado de alarma (14 de marzo de 2020) ata o 30 de outubro de 2020. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable».

«Artigo 7: No caso de que o produto non obteña a certificación téndoa solicitado, aplicarase o disposto no artigo 18.4 e considerarase un incumprimento parcial, reducindo a subvención ao 40 % do importe subvencionable».

«Artigo 11: 3. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014».

«Artigo 16.5: e) Documentación xustificativa do proceso de certificación do produto que se vai fabricar ou acreditación do inicio do proceso (no caso de produtos non certificables, composición do produto)».

«Artigo 18.4: Así mesmo, se o produto obtido pola empresa solicitante non acada finalmente a certificación das autoridades nacionais téndoa solicitado, e á beneficiaria lle correspondese só a intensidade de axuda indicada no artigo 7 para este suposto, procederá o reintegro do exceso percibido sen xuros de demora».

Esta modificación entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será aplicable ás solicitudes que xa se tivesen presentado no momento da súa entrada en vigor.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE