CAMARA COMPOSTELA

Asesoramento a empresas e profesionais culturais

22/05/2020

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, pon en marcha un servizo de asesoramento dirixido a empresas e profesionais culturais no marco do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados do COVID-19.

Terá como obxectivo dar resposta a todo tipo de dúbidas de carácter laboral, fiscal e mercantil relacionadas coas medidas deseñadas para paliar as consecuencias económicas do COVID-19, asesorando sobre as diferentes liñas de axudas ás que poden optar as empresas e profesionais do sector cultural, así como outras dúbidas sobre cuestións como ERTE, prestación por cese de actividade, plan de desescalada, moratorias nas cotizacións á Seguridade Social, aprazamentos de impostos, etc. Este novo servizo estará dispoñible en liña e tamén de xeito presencial na Cidade da Cultura e comezará a funcionar a partir do luns 25 de maio.

Poderase acceder ao servizo de asesoramento de xeito telemático na web cidadedacultura.gal ou de forma presencial no Museo Centro Gaiás os mércores, xoves e venres en horario de 10 a 14 horas. De optar polo servizo de atención presencial cómpre pedir cita previamente a través do email asesoramentocultural@cidadedacultura.org.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
CAMARA COMPOSTELA