IGAPE

Teleformación: a estratexia de internacionalización ante a COVID-19

25/05/2020

O programa formativo consiste nun ciclo de 8 webinars onde se abordarán as principais temáticas á hora de levar a cabo unha internacionalización dixital. Terán unha frecuencia semanal, cada venres en horario de 9:00 a 11:00h e serán impartidos a través da ferramenta de videoconferencia Zoom.

Co obxectivo de poder apoiar ás empresas nas necesidades específicas do seu sector sector, porase ao seu dispor un servizo de titorización individual de 2 titorías cun experto en estratexias internacionais. De forma complementaria, invitaranse tamén a profesionais de empresas referentes para que compartan a súa visión e expliquen como están afrontando esta situación. 

Como soporte ao programa, todos os contidos formativos e as gravacións dos talleres estarán dispoñibles en calquera momento na plataforma de teleformación: www.teleformacion.igape.es

Covid-19, novos retos para a internacionalización empresarial Como adaptarse a unha época de incerteza e á velocidade do cambio actual. Principais retos e oportunidades para as pemes galegas Julio Cerviño 29 de maio

Crise económica, cambios xeopolíticos. Escenarios económicos globais Coñecer a previsión do comportamento a corto prazo das distintas áreas económicas, impacto e proxeccións a futuro Mario Weitz 5 de xuño

Adaptar a estratexia de márketing dixital post Covid-19 Aproveitar as oportunidades de expansión que nos ofrece o márketing dixital: fases para poñer en marcha unha estratexia dixital e principais ferramentas José Alcañiz 12 de xullo

Fontes de información para elixir mercados e clientes nun mundo afectado por coronavirus Analizar os factores fundamentais que condicionan a selección dun mercado. Metodoloxía para a procura de indicadores e datos de interese Javier Moreno 19 de xullo

Orientar e adaptar marketplaces e o comercio electrónico ás necesidades dun novo consumidor Identificación dos cambios que deben acometer as empresas para ter una presenza con éxito na canle online. Ferramentas fundamentais do eBusiness internacional Carmen Urbano 26 de xuño

Claves dunha negociación internacional nunha nova contorna de incerteza Xestión das diferenzas interculturais á hora de abordar unha negociación. Diferenzas entre Asia, América Latina e Europa. Equipo EOSA 3 de xullo

Adaptar a internacionalización presencial á contorna dixital: Dos eventos físicos aos encontros online Como organizar unha misión inversa online ou participar de forma telemática nunha feira Javier Arnau 10 de xullo

Estratexias para o fomento de alianzas e acordos internacionais Fomentar a cooperación entre empresas como maneira de chegar a novos mercados, mediante joint ventures, consorcios de exportación ou outras fórmulas. Aurora Villalba 17 de xullo

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE