IGAPE

Axudas para a fabricación de produtos de prevención e loita contra a Covid-19

26/05/2020

Nova liña de axudas dotada con 5 millóns de euros e destinada a impulsar a fabricación en Galicia de produtos que sexan de utilidade na loita contra a Covid-19 e que contribúan a incrementar a prevención tanto a nivel sanitario como en materia de seguridade e saúde laboral.

As pemes galegas poderán solicitar os apoios que ofrece para poñer en marcha a produción de medicamentos, tratamentos, test de diagnóstico, equipos hospitalarios e médicos, entre outros bens.

Con achegas que poderán acadar ata 800.000 euros por iniciativa, os proxectos deberán ter un custo subvencionable igual ou superior a 100.000 euros. As axudas, que se concederán en réxime de concorrencia non competitiva, cubrirán o 75% dos investimentos que realicen as pequenas e medianas empresas.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE