XUNTA DE GALICIA

Modificación das ordes de incentivos á contratación e formación para o ano 2020

09/06/2020

Establecese a posibilidade da impartición do bono de formación na modalidade de teleformación para as accións formativas financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para paliar os efectos do impacto económico e social derivado da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Para o caso de impartición da formación na modalidade de teleformación, deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade que posibilite a interactividade entre a persoa traballadora que recibe a formación e a que imparte a titoría e que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizada, o seu seguimento continuo en tempo real, así como a avaliación de todo o proceso.

Programaranse controis periódicos de aprendizaxe cun número de horas para cada módulo en función dos contidos relacionados co posto de traballo, ata acadar o mínimo de horas teóricas exixidas na convocatoria.

A xustificación na modalidade de teleformación xustificarase mediante a presentación dos resultados obtidos nos controis de aprendizaxe programados por cada un dos módulos polos que a persoa recibiu a formación e que permitan identificar se realizou as probas, a data e a hora en que se desenvolveu o control e o tempo empregado para o seu desenvolvemento con indicación da súa cualificación.

Estes datos deben ser almacenados polo sistema de teleformación empregado para a execución da formación. 

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA