AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Modificación prazos axudas proxectos promoción e dinamización Xacobeo 2021

10/06/2020

As consellerías competentes adoptarán, de acordo coa lexislación aplicable, as medidas de ampliación de prazos que sexan precisas nos procedementos en tramitación, para posibilitar o seu cumprimento polos cidadáns.

Os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.

Todos/as os/as solicitantes poderán solicitar no prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, o cambio de datas para a execución dos proxectos que tiñan presentados no ámbito temporal recollido no punto anterior.

Prazo:

Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
AXENCIA TURISMO DE GALICIA