XUNTA DE GALICIA

Axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas

17/06/2020

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas que teñan a condición de peme, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que realicen contratos de remuda para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato temporal na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.

As contratacións de remuda realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 7.500 euros por cada contrato realizado e que cumpra cos requisitos establecidos no artigo 21 da orde.

Estas contías incrementaranse nun 5 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

  • Se a persoa contratada é muller.
  • Se a persoa contratada é unha persoa con discapacidade.
  • Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

O incremento será dun 10 % no caso de postos de traballo en que o remudista vaia desenvolver funcións relacionadas coa adaptación tecnolóxica da empresa. Isto deberá ser acreditado mediante a presentación dunha memoria.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

Prazo:

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes de axudas polos contratos de remuda subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

As axudas previstas polas contratacións de remuda subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA