IGAPE

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19)

18/06/2020

Dada a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, os axentes económicos terán novas necesidades e prioridades. Deberán adaptarse á nova realidade co obxectivo de seguir funcionando, e unha das principais vías que atoparán será a da dixitalización, que adquire en moitos casos un carácter de urxencia.

As axudas reguladas no presente texto veñen cubrir este oco. Por unha parte, atende sectores –hostalería, turismo, comercio, transporte, formación, perrucaría e estética persoal– ou tipos de organización –economía social, tecido asociativo– que terían dificultade para acceder ao réxime de axudas existente. Ademais, propón un conxunto de proxectos subvencionables tipificados, simples, de rápida resolución mediante concorrencia non competitiva, de execución inmediata e orientados á adaptación a COVID-19.

A contía da axuda será do 80 % dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 € por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

  • Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check-out.
  • Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas.
  • Sistemas de control de estado sanitarios: cámaras específicas, pulseiras.
  • Sistemas de control de normas de calidade COVID-19.
  • Sistemas e aplicacións de xestión baseados en Low code automation.
  • Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, comandas.
  • Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral.
  • Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
  • Sistemas de balizas.
  • Automatización de procesos regulados, tarefas reguladas, pasos regulados por COVID-19.
  • Adaptación da presenza na internet ao efecto do COVID-19, mediante elementos como bots de conversa autónoma, integración de sistemas de comercio básicos, mellora do catálogo de produtos, solucións de atención remota, sistemas pick and go (compra en móbil e recollida en tenda) e outros similares.
  • Solucións de conectividade e incorporación do teletraballo.
  • Solucións de mellora da ciberseguridade.
  • De xeito excepcional, outros que poidan axudar á dita adaptación, o cal se motivará na resolución de concesión. Os proxectos deberán estar comprendidos entre os 1.500 € e os 12.000 € de gasto subvencionable, suxeitos aos límites entre partidas do artigo 5 das bases reguladoras.
Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE