XUNTA DE GALICIA

Axudas aos armadores de buques pesqueiros con porto base en Galicia e ás persoas redeiras

10/07/2020

Persoas beneficiarias:

Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases reguladoras os armadores de buques pesqueiros (3ª lista) con domicilio social en España que figuren inscritos no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, de buques con porto base en Galicia actualmente e desde o 14.3.2020.

Para ter a condición de persoa beneficiaria, os armadores anteriormente mencionados deben sufrir perdas de polo menos un 25 por 100 nos ingresos derivados da actividade de primeira venda de produtos da pesca e marisqueo frescos e refrixerados en lonxas galegas no período comprendido entre o 14 de marzo e o 15 de maio, ambos incluídos, en relación coa media do mesmo período dos anos 2017, 2018 e 2019.

Así mesmo, tamén poderán ser beneficiarias destas axudas todas aquelas persoas que realicen a actividade de redeira e estean afiliadas ao réxime especial de traballadores do mar por conta propia e integradas nunha asociación de redeiras na Comunidade Autónoma de Galicia, que levasen a cabo a actividade de armado de redes no ano natural anterior á data de presentación da solicitude.

As axudas terán como finalidade:

Apoiar as empresas armadoras e as persoas redeiras que visen afectados os seus resultados económicos ou se enfronten a unha falta de liquidez ou outros prexuízos significativos a raíz do brote de COVID-19.

A contía das axudas e o seu modo de determinación están definidas no artigo 7 das bases reguladoras.

Prazo:

Prazo de presentación de solicitudes: un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA