IGAPE

Microcréditos COVID-19

10/07/2020

Modificánse as bases reguladoras publicadas no DOG de 11/02/2020. para incluír a nova liña de «Microcréditos COVID-19» así como incrementar a súa dotación orzamentaria, para cubrir un volume adicional de operacións financeiras avaladas polas SGR de 200 millóns de euros, tanto na liña «Liquidez COVID-19» como na nova liña de «Microcréditos COVID-19» e nas demais liñas de financiamento recollidas nas bases reguladoras, de modo que se acade un volume total de operacións financeiras avaladas polas SGR de 300 millóns de euros no conxunto de liñas das bases reguladoras.

Microcréditos COVID-19:

Obxecto: favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as microempresas cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote do COVID-19.

Modalidade da axuda: o Igape reavalará ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas, nos termos do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulamento de avais do Igape, e nos decretos 132/1995, do 10 de maio, e 302/1999, do 17 novembro, que o modifican, dos préstamos concedidos polas entidades de crédito adheridas ao abeiro destas bases. O Igape subvencionará a fondo perdido un importe equivalente á suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta liña de financiamento.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes da liña «Microcréditos COVID-19» que se inclúe na epígrafe I.5. do anexo I comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

  1. Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro).
  2. O 30 de outubro de 2020.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
IGAPE