GOBERNO DE ESPAÑA

Axudas á paralización temporal da actividade pesqueira

03/08/2020

O textos que seguen son un extracto das bases reguladoras contidas na normativa que se resume. Só son válidos a título informativo.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Os armadores de buques pesqueiros da lista terceira do Rexistro de Buques e Empresas Navieiras que estean dados de alta no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e en posesión da licenza de pesca en vigor ao comezo do período de referencia (16 de marzo).

b) Os pescadores que traballasen a bordo dun buque pesqueiro español afectado pola paralización temporal polo menos cento vinte días, durante os dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude.

O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os armadores calcularase multiplicando o baremo aplicable establecido no anexo II, polos días de parada subvencionables realizados no período de referencia fixado na convocatoria.

O importe máximo da axuda á paralización temporal da actividade pesqueira para os pescadores calcularase multiplicando un máximo de 50 euros polo número de días de parada a que teñan dereito.

Prazo:

A convocatoria (por publicar) fixará o prazo de presentación das solicitudes, non podendo ser superior a quince días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación do extracto no «Boletín Oficial do Estado».


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
GOBERNO DE ESPAÑA