XUNTA DE GALICIA

Subvencións para o impulso da comercialización dixital

12/08/2020

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os requisitos definidos no artigo 3 das bases reguladoras.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización dixital para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 30 de outubro de 2020 e, excepcionalmente, a organización e participación en feiras do Nadal 2019-2020 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2019 derivados destas.

As axudas consisten en tickets con importes máximos en función das distintas actividades subvencionables.

Prazo:

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2020 ou ata o esgotamento do crédito.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA