GAIN

Axudas para o financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19

24/08/2020

Poderán ter a condición de beneficiarios os organismos de investigación e difusión do Sistema galego de I+D+i, públicos ou privados, que presentaron un proxecto á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para a financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19 e que non acadaron financiamento na convocatoria de expresións de interese realizada pola Resolución do 19 de marzo da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III.

O importe máximo da subvención será do 100 % do investimento subvencionable. As axudas concederanse en forma de subvención.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
GAIN