AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

Subvencións ao impulso do sector escénico galego

26/08/2020

Poderán acceder a estas axudas segundo as distintas modalidades:

Modalidade 1: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas dedicadas profesionalmente á xestión de salas de artes escénicas de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia con capacidade igual ou inferior a 150 localidades.

Modalidades 2 e 3: persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, así como as unións temporais de empresas, dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contías das subvencións e límites máximos:

Modalidade 1, subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada: proxectos que non superen os 80.000 euros de orzamento, co límite do 80 % do orzamento e cunha contía máxima por beneficiario de 40.000 euros.

Modalidade 2, subvencións ao sector no ámbito da danza e artes en movemento: proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento, co límite do 80 % e cunha contía máxima por beneficiario de 15.000 euros.

Modalidade 3, subvencións ao sector creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia: proxectos que non superen os 20.000 euros de orzamento, co límite do 80 % e cunha contía máxima por beneficiario de 15.000 euros.

Prazo:

O prazo para a presentación das solicitudes será de un (1) mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS