Clusaga

Webinar: oportunidades e aplicacións da economía circular no sector alimentario

08/10/2020

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), o martes 13 de outubro en horario de 9:30 a 11:15 horas o webinar “Oportunidades e aplicacións da economía circular no sector alimentario”.

O seminario online abordará algunhas das opcións existentes para avanzar cara a unha economía circular na industria alimentaria e presentará as oportunidades que ofrece a convocatoria “for adopters” do proxecto europeo C-VoUCHER cuxo obxectivo é transformar as actuais cadeas de valor lineais en circulares.

Ademais, tamén se presentarán algunhas das tendencias sobre sustentabilidade nas estratexias de marca e packaging da industria, as oportunidades en bioeconomía circular para o sector agroalimentario e a valorización de subproductos na industria láctea.

Para todo iso, o webinar contará coa intervención de Marta Frutos, técnica de mercados de Clusaga, Begoña Ruiz, xefa do departamento de biotecnoloxía de AINIA, Héctor Castro, project development manager de Galacteum, e Virginia Vidal e Manuel París, xestores de proxectos de GAIN.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
clusaga formación