Bioga ( Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida )

Concurso de Ideas e Proxectos SPIN UP

12/10/2020

No marco do proxecto Spin_Up, UNINOVA organiza un concurso de ideas e proxectos que identifiquen necesidades de innovación e dean solución a posibles retos  existentes na actualidade tanto no sector industrial como na investigación.

O prazo de inscrición é ata o 15 de outubro

O concurso está focalizado no desenvolvemento de propostas emprendedoras que dean solución a problemas existentes ou a novas necesidades relacionadas coas seguintes áreas produtivas:

  • Agro-bio, industria alimentaria
  • Industria da transformación 4.0
  • Industria creativa; TIC; turismo
  • Saúde-Envellecemento activo

 

O concurso vai dirixido a toda a comunidade universitaria galega; é dicir, persoas ligadas á USC, UVigo e UDC con ideas innovadoras que poidan ofrecer solucións novidosas ás necesidades da industria do tecido empresarial da área de Santiago de Compostela:

  1. Grupos de Investigación e Persoal Docente e Investigador (PDI)
  2. Estudantes: alumnos que se atopen realizando estudos de grao, doutoramento e alumnos de Máster.
  3. Empresas vinculadas á universidade.

Por outra banda, o concurso tamén está aberto a aquelas persoas que non teñan ideas ou proxectos pero que estean interesadas en participar ou colaborar, mediante os seus coñecementos ou experiencia, no desenvolvemento dalgún dos proxectos seleccionados (sempre que o promotor da idea así o manifeste na súa candidatura). Estas persoas deberán completar o formulario que aparece na web indicando as súas competencias.

A través do Concurso de Ideas e Proxectos Spin_UP pódese optar a un proceso de aceleración para a creación dunha StartUp ou SpinOff, o cal consiste en:

  1. Análise de viabilidade técnica e económica
  2. Elaboración do Modelo de Negocio e Plan de Empresa
  3. Mentor para asesoramento
  4. Asesoramento en propiedade intelectual e industrial
  5. Asistencia a foros de investimento

Todo isto e máis está valorado en 4.500 euros.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
emprendedores autónomos empresas