Cámara Comercio

Como mellorar as túas vendas a través do teu escaparate

22/10/2020

O escaparate é a mellor canle física de comunicación que dispón o comercio local para captar clientes e mostrar o produto nos seus espazos comerciais.

Actualmente é unha estratexia de márketing e visual totalmente definida na súa función de mostrar o seu ADN de empresa. Debido á voracidade actual de tendencias é necesaria a súa contante renovación e coñecementos das novas técnicas de montaxe para posicionarnos no mercado comercial como empresa punteira.

DATA: Do 02/11/2020 ao 12/11/2020
HORA: 14:30 - 17:00

FORMACIÓN PRESENCIAL E GRATUITA DIRIXIDA AO COMERCIO DE PROXIMIDADE E A ARTESANÍA EN COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA

Obxectivos:

  • Coñecer nocións básicas sobre o seu deseño, idea, bosquexo, materiais, - Aprender técnicas de composición para o maior aproveitamento do espazo. - Usar de forma correcta os principios de luz e cor. - Saber identificar o target ao que vai destinado o noso escaparate. - Realizar adecuadamente o noso calendario de cambios usando estratexias de márketing. - Aumentar as nosas vendas. - Mellorar o noso posicionamento comercial ante a competencia. - Proxectar unha imaxe máis comercial e de tendencia do noso negocio. - Optimizar o noso escaparate e fomentar o produto de calidade. - Crear imaxe de marca a través dunha perfecta proxección do noso escaparate- Dotar ao alumno de coñecementos necesarios para a elaboración e montaxe do seu escaparate

       Duración: 20 horas

       Destinatarios: O programa vai dirixido a persoal de micropemes, pemes e autónomos do sector comercio e artesanía e a persoas emprendedor no devanditos sectores que teñan interese en mellorar as súas vendas a través da rendibilización do seu escaparate como elemento diferenciador e captación e fidelización da clientela

     Contidos:

     1-TENDENCIAS EN ESCAPARATISMO: 1.1 Dinamización actual dos escaparates. 1.2 Diferentes estilos de escaparatismo, comercial, promocional, franquías e cadeas

      2-COMO REALIZO O MEU ESCAPARATE 2.1 Pasos técnicos de deseño e montaxe 2.2 Usos correctos da luz. Luz xeral e obxectiva. 2.3 Uso actual da cor. Contraste,harmonía e monocolor 2.4 Composicións artísticas. 2.5 Deseño e creación de atrezos. 2.6 Maniquíes, bustos, siluetas. Estilismos. 

     3 – ESCAPARATISMO. ACTIVACIÓN DE VENDA. 3.1 Calendario de escaparates. 3.2 Obxectivos e funcións. 3.3 Mellorar a nosa imaxe comercial ante a competencia.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
Cámara Comercio autónomos emprendedores comercio