Rede Eusumo

Marketing e RRSS nas Cooperativas

22/10/2020

APE Galicia, a través da Rede Eusumo, organiza a seguinte actividade formativa:

MARKETING E REDES SOCIAIS NAS COOPERATIVAS

Datas: do 28 de outubro ao 9 de novembro de 2020

Modalidade: teleformación a través de www.recursosgalicia.es/formación

Destinatarios: mulleres que traballen ou colaboran con entidades de economía social e solidaria (cooperativas, sociedades laborais, confrarías, centros especiais de emprego, empresas de inserción, asociacións, fundacións, etc) e público en xeral interesado.

Obxectivos:

Elaborar un plan de e-comunicación para a cooperativa
- Elaborar e xestionar o seu propio blog
- Crear e xestionar unha páxina de facebook ou unha conta de Twitter
- Poñer en práctica estratexias de SEO
- Crear campañas de anuncios en redes sociais
- Monotorizar e avaliar os resultados das súas accións en liña.

Programa formativo:

Módulos

Módulo 1. Introducción á Web social. Cultura dixital e competencias dixitais básicas. Comunicación tradicional vs. Comunicación en liña.

8 horas

28 outubro – 29 outubro

Módulo 2. A importancia da comunicación en liña para cooperativas. As claves dunha boa estratexia de comunicación en liña.

8 horas

29 outubro – 02 novembro

Módulo 3. Introducción ás redes sociais e influencia dos blogs nas mesmas. O blog, centro neurálxico da nosa actividade dixital. As claves de marketing de contenidos a través dun blog corporativo.

8 horas

02 – 04 novembro

Módulo 4. Twitter, o triunfo da inmediatez. As claves do marketing de contidos a través dunha conta corporativa en Twitter.

8 horas

04 – 06 novembro

Módulo 5. Facebook, o lugar no que están todos. As claves do marketing de contidos a través dunha páxina corporativa en Facebook

 

06 – 9 novembro

 

Data finalización curso : 9/11/2020

Para máis información: 981558374 / info@apegalicia.es / www.apegalicia.gal

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
Rede Eusumo Economía Social emprendedoras autónomas