GOBERNO DE ESPAÑA

Termos e condicións primeiro tramo avales ao financiamento de empresas e autónomos

En prazo de inscrición 29/07/2020

O artigo 1 da Real Decreto-lei 25/2020, do 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego, crea unha nova liña de avais públicos por importe máximo de 40.000 millóns de euros que complementa as xa activadas no curso do ano e permite atender ás necesidades de liquidez estimadas para os próximos meses.

Co fin de despregar a devandita medida, o presente Acordo libera un primeiro tramo de avais por importe de 8.000 millóns de euros, co fin de dar cobertura ao financiamento outorgado por entidades financeiras supervisadas a empresas e autónomos para que estes poidan atender as súas necesidades de liquidez para gastos correntes así como as derivadas da realización de novos investimentos.

GOBERNO DE ESPAÑA

IGAPE

Microcréditos COVID-19

En prazo de inscrición 10/07/2020

Modificánse as bases reguladoras publicadas no DOG de 11/02/2020. para incluír a nova liña de «Microcréditos COVID-19» así como incrementar a súa dotación orzamentaria, para cubrir un volume adicional de operacións financeiras avaladas polas SGR de 200 millóns de euros, tanto na liña «Liquidez COVID-19» como na nova liña de «Microcréditos COVID-19» e nas demais liñas de financiamento recollidas nas bases reguladoras, de modo que se acade un volume total de operacións financeiras avaladas polas SGR de 300 millóns de euros no conxunto de liñas das bases reguladoras.

IGAPE

IGAPE

Concurso de ideas e proxectos Spin_up

En prazo de inscrición 09/07/2020

Estimular a creación de empresas a través da transferencia de tecnoloxía e coñecemento entre as universidades e o tecido empresarial e fomentar a colaboración entre o mundo empresarial, o universitario e as administracións na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal son os principais obxectivos do proxecto europeo Spin_Up Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras.

IGAPE

XUNTA DE GALICIA

Axudas ao fomento das artes escénicas e musicais nos concellos

En prazo de inscrición 08/07/2020

Entidades beneficiarias:

Poderán ser beneficiarios destas axudas todos os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que realicen unha programación cultural que contribúa á promoción de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas con sede, domicilio social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

XUNTA

GOBERNO DE ESPAÑA

Moratoria hipotecaria para o sector turístico

En prazo de inscrición 06/07/2020

O Goberno presentou un Plan de Impulso para o Sector Turístico, dotado con 4.262 millóns de euros que, entre outras medidas, prevé a adopción con carácter urxente dunha medida para protexer aos debedores hipotecarios cuxo inmoble se atope afecto a algunha das seguintes actividades turísticas: hoteis e aloxamentos turísticos similares, aloxamentos turísticos e outros aloxamentos de curta estancia, así como axencias de viaxe.

GOBERNO DE ESPAÑA

Compartir: