III Congreso Nacional de CFOS

En prazo de inscrición 28/06/2018

As direccións financeiras asumiron novos roles que as sitúan, directamente, na parte estratéxica das organizacións. O seu contacto directo con outras áreas como recursos humanos, operacións ou o departamento xurídico vólvese fundamental para entender o negocio e ter unha visión 360 da organización.

Só desta forma a dirección financeira será capaz de proxectar diferentes escenarios e propoñer estratexias cunha visión a longo prazo. Aínda que é certo, asumir este novo rol supón liberar tempo dedicado ás súas funcións tradicionais, que hoxe pode desempeñar a tecnoloxía, para implicarse nunha perspectiva máis transversal.

A análise da contorna económica mundial, o impacto o blockchain, a automatización dos procesos ou as novas competencias da dirección financeira son algúns dos temas que se abordarán neste III Congreso Nacional de CFO, que se celebrará en Santiago de Compostela.

APD

ACELERADORA PARA PROXECTOS EMPRENDEDORES

Programa de emprendemento Vodafone Connecting for Good Galicia

En prazo de inscrición 04/06/2018

Vodafone Connecting for Good Galicia, iniciativa organizada por Vodafone a través da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia, ten como obxectivo conseguir que os proxectos das persoas emprendedoras convértanse en negocios reais, e os seus produtos ou servizos despeguen con garantía de éxito. En concreto, valóranse aqueles proxectos que resolvan algún reto social no ámbito da educación, saúde, participación cidadá, ou calquera dos recolleitos na Axenda Dixital de Galicia 2020, valorando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

XUNTA VODAFONE

ACELERADORA DE INNOVACIÓN

III edición do Vodafone Connecting for Good Galicia

En prazo de inscrición 04/05/2018

O vindeiro luns, 7 de maio, abre a convocatoria da terceira edición da aceleradora de innovación Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é apoiar seis proxectos que resolvan, a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, para que se convirtan en negocios reais e os seus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.

Un xurado seleccionará ata un máximo de seis proxectos de emprendemento e valorarando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

GAIN VODAFONE

Compartir: