ACELERADORA DE INNOVACIÓN

III edición do Vodafone Connecting for Good Galicia

En prazo de inscrición 04/05/2018

O vindeiro luns, 7 de maio, abre a convocatoria da terceira edición da aceleradora de innovación Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é apoiar seis proxectos que resolvan, a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, para que se convirtan en negocios reais e os seus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.

Un xurado seleccionará ata un máximo de seis proxectos de emprendemento e valorarando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

GAIN VODAFONE

Compartir: