XUNTA DE GALICIA

Modificación das condicións de execución axudas fomento da prevención de riscos laborais

En prazo de inscrición 10/06/2020

A vista da situación excepcional creada pola epidemia de COVID-19, faise necesario establecer unha modificación da forma ou metodoloxía de execución das accións respectando o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos para todas aquelas solicitudes que se presentaron en prazo e que, unha vez instruídas, serán valoradas pola comisión de valoración.

Cómpre, polo tanto, posibilitar a realización das actividades formativas e xornadas obxecto da axuda a través da modalidade de contornas virtuais e presenciais, sempre que se respecten os requisitos exixidos normativamente e se garantan as actividades de seguimento e control necesarias.

XUNTA

XUNTA DE GALICIA

Modificación das ordes de incentivos á contratación e formación para o ano 2020

En prazo de inscrición 09/06/2020

Establecese a posibilidade da impartición do bono de formación na modalidade de teleformación para as accións formativas financiadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, para paliar os efectos do impacto económico e social derivado da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

XUNTA

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes

En prazo de inscrición 04/06/2020

Persoas beneficiarias.

As persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
  2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

GAIN

Modificación ordes de innovación

En prazo de inscrición 02/06/2020

Como consecuencia da declaración do estado de alarma a execución dalgúns proxectos foi suspendida ou ben continúa, pero a un ritmo moito menos intenso, debido ás dificultades de subministro, a expedientes de regulación de emprego temporais que afectan ao persoal investigador, á paralizacións ou demoras nas subcontratacións necesarias ou outras circunstancias derivadas do contexto actual.

GAIN

IGAPE

Programa Reacciona

En prazo de inscrición 02/06/2020

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia e cumprir a definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías).

IGAPE

Compartir: