XUNTA DE GALICIA

Axudas ás persoas traballadoras e ás empresas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego

En prazo de inscrición 01/07/2020

Dado o impacto que teñen os expedientes de regulación de emprego sobre o mercado laboral, a través do citado acordo, a Xunta de Galicia e os interlocutores sociais integrantes do diálogo social acordaron un programa que se desenvolverá tendo en conta distintas liñas de actuación, entre elas o apoio ás empresas e ao seu persoal naqueles períodos en que a actividade da empresa se reduza. Acordaron aprobar unhas bases reguladoras destas axudas, cun orzamento por parte da Xunta de Galicia de 6 millóns de euros distribuídos nos anos 2020 e 2021.

XUNTA

GOBERNO DE ESPAÑA

Real Decreto-lei 24/2020, do 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial.

En prazo de inscrición 29/06/2020

A situación de emerxencia sanitaria causada polo COVID-19 está a producir aínda efectos para as empresas e o emprego, que esixen manter as medidas extraordinarias previstas na Real Decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, e na Real Decreto-lei 18/2020, do 12 de maio, de medidas sociais en defensa do emprego, en tanto as causas referidas nas devanditas disposicións impiden a recuperación íntegra da actividade das mesmas, e as medidas excepcionais vinculadas ás mesmas en materia de protección por desemprego e cotizacións á Seguridade Social.

GOBERNO DE ESPAÑA

IGAPE

Modificación axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido

En prazo de inscrición 26/06/2020

Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que o Reino Unido sexa un dos seus cinco principais mercados intracomunitarios de exportación/importación.

b) Que exportasen/importasen ao/do Reino Unido máis de 100.000 € nos tres últimos exercicios.

c) Que o Reino Unido supoña un mínimo do 10 % da súa exportación/importación intracomunitaria total.

IGAPE

IGAPE

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19)

En prazo de inscrición 18/06/2020

Dada a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, os axentes económicos terán novas necesidades e prioridades. Deberán adaptarse á nova realidade co obxectivo de seguir funcionando, e unha das principais vías que atoparán será a da dixitalización, que adquire en moitos casos un carácter de urxencia.

As axudas reguladas no presente texto veñen cubrir este oco. Por unha parte, atende sectores –hostalería, turismo, comercio, transporte, formación, perrucaría e estética persoal– ou tipos de organización –economía social, tecido asociativo– que terían dificultade para acceder ao réxime de axudas existente. Ademais, propón un conxunto de proxectos subvencionables tipificados, simples, de rápida resolución mediante concorrencia non competitiva, de execución inmediata e orientados á adaptación a COVID-19.

IGAPE

IGAPE

Axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2020)

En prazo de inscrición 18/06/2020

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novas, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. Sendo o obxecto último destas bases o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional do comercio retallista.

IGAPE

Compartir: