Extracto da Resolución nº2020/35923 de 12 de novembro da Presidencia da Diputación da Coruña pola que se aproba a convocatoria da IV edición dos Premios do Plan de Emprego Local ( PEL-ERP-PREMIO 2020)

En prazo de inscrición 30/11/2020

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria da IV edición dos Premios do Plan de Emprego Local, cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index) A finalidade desta convocatoria consiste en premiar as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradores/as de riqueza e emprego, contribuíndo á súa sustentabilidade e fomentando a cultura emprendedora na provincia.

BOP pemes autónomos emprendedores desenvolvemento

GAIN

Jornada préstamos IFI Innova

En prazo de inscrición 30/11/2020

O obxectivo é presentar as principais características e requisitos do Instrumento de Financiamento IFI INNOVA, para promover un maior uso de instrumentos financeiros, mediante programas de préstamos con recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( Feder), creados co obxectivo de intensificar o apoio ás pequenas e medianas empresas galegas, no financiamento de novos proxectos de Innovación, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación nas súas organizacións.

GAIN pemes industria desenvolvemento

Ministerio de Industria,Comercio y Turismo

Orden ICT/1093/2020 de 17 noviembre,por la que se aprueban las bases reguladoras para la concesión de ayudas dirigidas a impulsar la aplicación de la ciberseguridad en PEMES

En prazo de inscrición 30/11/2020

O obxecto desta norma, que dá cumprimento ao establecido no artigo 17 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, é establecer, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, as bases e condicións de concesión de axudas en especie dirixidas ás pequenas e medianas empresas (PEME) coa finalidade de mellorar os seus niveis de ciberseguridad, no marco do «Programa Activa Ciberseguridad».

BOE pemes comercio mercados

IGAPE

Axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización,innovación e dixitalización ( Programa RE-Acciona )

En prazo de inscrición 29/10/2020

O programa queda configurado deste xeito como un programa de servizos a pemes que, a través das empresas prestadoras de servizos -seleccionadas mediante procedemento aberto de acordo coa Lei de contratos do sector público-, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos: desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización.

 

Información: 

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

IGAPE autónomos emprendedores pemes

Compartir: