Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

WEBINAR Plan de Reactivación Económica do comercio local, autónomos e micropemes.

En prazo de inscrición 26/05/2020

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela  organiza este webminar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e o obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19 polo Concello de Santiago.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

Convocatoria de Axudas a Empresas para a Reactivación Económica Compostela Móvese 2020 COVID19

En prazo de inscrición 19/05/2020

O obxecto destas bases é regular a concesión de axudas para a reactivación económica das microempresas de Santiago de Compostela trala situación provocada pola crise do COVID-19 correspondentes á anualidad 2020.

Os obxectivos específicos desta convocatoria de axudas son:

  • minimizar o impacto da crise económica derivada da COVID-19
  • achegar recursos para atender as necesidades de liquidez das microempresas.
  • facilitar a súa recuperación económica
  • contribuír ao mantemento da actividade económica e á protección do emprego

Gastos subvencionables

Consideraranse subvencionables os gastos que seguen:

  • Xuros dos préstamos (De entidades de crédito, entidades financeiras de crédito, entidades de diñeiro electrónico, ou entidades de pagos rexistradas e supervisadas polo Banco de España) concertados con posterioridade ao 14 de marzo de 2020 e efectivamente pagados desde o 14 de marzo de 2020 ata o 2 de novembro de 2020.
  • Liquidacións das pólizas de crédito devindicadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 2 de novembro de 2020.

Debido a un erro na elaboración do extracto das bases da convocatoria para a súa publicación no BOP Coruña, no extracto publicado no BOP Coruña de 15 de maio de 2020 cando se refire ás empresas ás que vai dirixida a convocatoria de axudas aparece MICROPEMES DE MENOS DE SEIS TRABALLADORES/AS  cando debería decir "MICROPEMES DE MENOS DE ONCE TRABALLADORES/AS.

Publicouse con data 19 de maio de 2020 no BOP Coruña a correspondente corrección deste erro,deixándo sen efecto anterior o prazo de presentación de solicitudes que abre polo tanto o 20 de maio e exténdese ata o 17 de xuño de 2020.

Ás bases completas da convocatoria que poden descargarse nesta web tanto en galego como en castelán e que poden ademáis consultarse na web da Base de Datos Nacional de Subvencións no seguinte enlace, sendo o código identificar deste PROGRAMA DE AXUDAS A REACTIVACION ECONÓMICA COMPOSTELA MOVESE 2020 COVID19 o 505698:

https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/505698

 

COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

Axudas para a mellora e innovación da empresa local 2020. Coidar para Mellorar, Mellorar para Coidar

En prazo de inscrición 08/05/2020

A convocatoria 2020 deste programa de axuda á innovación no comercio local amplía os fondos dispoñibles e as liñas de subvención co fin de promover cambios positivos que permitan afrontar os desafíos do futuro e contribuír á reactivación económica.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

Plan ACTIVA EN SEGURO para autónomos, profesionais liberais e microempresas do sector servizos e da industria.

En prazo de inscrición 04/05/2020

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a su actividade durante o periodo de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas como é o caso de moitos autónomos e microempresas do sector servizos e da industria.

Dende o Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago estase dende o inicio da crise informando sobre os cambios lexislativos e os programas públicos de axudas dispoñibles, así como sobre o Plan de transición cara unha nova normalidade.

Dada a extensión no tempo das medidas de confinamento e as distintas fases establecidas no Plan de transición cara unha nova normalidade considérase preciso no marco do programa “Compostela Móvese 2022 COVID19” aprobado en Xunta de Goberno Local de 20 de abril de 2020 reforzar o traballo que se está realizando neste servizo con este plan "Activa en Seguro para autónomos, profesionais liberais e microempresas do sector servizos e da industria" Compostela Movese 2020 COVID19 que axude a este colectivo a encarar as vindeiras semanas ao tempo que se deseñan accións a medio e longo prazo para a súa iniciativa empresarial.

COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

Plans de Reactivación Económica para establecementos de Comercio Minorista.

En prazo de inscrición 24/04/2020

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a su actividade durante o periodo de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas como é o caso do sector do comercio minorista.

Dende o Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago estase dende o inicio da crise informando sobre os cambios lexislativos e os programas públicos de axudas dispoñibles, pero dada a extensión no tempo das medidas de confinamento considérase preciso no marco do programa “Compostela Móvese 2022 COVID19” aprobado en Xunta de Goberno Local de 20 de abril de 2020 reforzar o traballo que se está realizando neste servizo con un servizo de consultoría especializados nos sectores identificados como estratéxicos por este.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Compartir: