REDE EUSUMO

Explorer " Mozos con solucións "

En prazo de inscrición 30/11/2020

Queres emprender e validar a túa idea de negocio?  

Se tes entre 18 e 31 anos e ganas de xerar un impacto positivo no mundo, inscríbete en Explorerbyx.org antes do 11 de decembro

O programa Explorer “Mozos con solucións” axúdache a experimentar o emprendemento como opción profesional. Traballarás sobre a túa idea transformándoa nunha solución que contribúa a lograr os ODS 2030, cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social. 

Rede Eusumo emprendedores autónomos

Rede Eusumo

"Informa, apoia e asesora en economía social"

En prazo de inscrición 22/10/2020

A Consellería de Emprego e Igualdade a través da Rede Eusumo e dentro da iniciativa "Informa, apoia e asesora en economía social", convida ao persoal das Oficinas de Emprego de Galicia, persoal técnico de emprego e emprendemento, orientadores/as ou persoal técnico asesor de proxectos empresariais de entidades asociativas, GDR, GALP ou calquera outra entidade interesada que teña contacto directo con emprendedores e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais a participar neste encontro en liña.

Rede Eusumo empresa

Compartir: