Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde de 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladorasdo Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19.Programa I

En prazo de inscrición 30/11/2020

 

 Este programa ten por obxecto apoiar o mantemento do emprego e a actividade económica das persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, microempresas e, excepcionalmente, as pemes que desenvolven a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados pola COVID-19.

DOG COVID 19 Microempresas desenvolvemento

Consellería de Emprego e Igualdade

Extracto da orde do 26 novembro 2020,pola que se establecen bases do programa I microempresas,de mantemento de emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia afectadas polo COVID19 e do programa II hostalaría.Programa II

En prazo de inscrición 30/11/2020

Este programa ten por obxecto apoiar as persoas traballadoras autónomas persoa física ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, pemes calquera que sexa a súa forma xurídica e que pertenzan ao sector da hostalaría e que se vexan afectadas polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias.

 

DOG COVID 19 Hostelaria desenvolvemento

JEFATURA DEL ESTADO

Real Decreto-ley 33/2020, de 3 de noviembre, por el que se adoptan medidas urgentes de apoyo a entidades del Tercer Sector de Acción Social de ámbito estatal.

En prazo de inscrición 04/11/2020

O presente real decreto-lei ten por obxecto dispoñer a concesión directa de subvencións a determinadas entidades do Terceiro Sector de Acción Social de ámbito estatal, de conformidade co previsto no artigo 22.2. b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, e no artigo 66 do Regulamento que a desenvolve, aprobado polo Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.

BOE COVID 19 desenvolvemento

CORTES GENERALES

Resolución de 29 de octubre de 2020, del Congreso de los Diputados, por la que se ordena la publicación del Acuerdo de autorización de la prórroga del estado de alarma declarado por el Real Decreto 926/2020, de 25 de octubre

En prazo de inscrición 04/11/2020

O Congreso dos Deputados, na súa sesión do día de hoxe, acordou autorizar a prórroga do estado de alarma declarado polo Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS- CoV-2

BOE COVID 19 desenvolvemento comercio industria mercados

Consellería Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo E

En prazo de inscrición 29/10/2020

O obxecto destas axudas é garantir a continuidade da actividade empresarial nos sectores de flor cortada e planta ornamental e no de vacún de carne.

Xunta Galicia COVID 19 mercados comercio emprendedores autónomos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

EXTRACTO da Orde do 26 de outubro pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para contribuír a sufragar os custos de alugamento dos establecementos de lecer

En prazo de inscrición 27/10/2020

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións para contribuír a sufragar os gastos de alugamento dos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período en que permaneceron pechados en aplicación da Orde do 15 de agosto de 2020 da Consellería de Sanidade e proceder á súa convocatoria para o ano 2020.

DOG Nº 216 ( 27/10/2020 )

XUNTA DE GALICIA COVID 19 comercio industria emprendedores autónomos

Compartir: